o Diego reviewed Scarlet by Marissa Meyer
None
3 stars
Pois moi ben a segunda parte, aínda que sacrifica un pouco a trama por profundar na psicoloxía dalgúns personaxes (Cinder, Lobo, mesmo un pouco Kaito e Scarlet). O das xerarquías dos lobos, os machos e hembras alfa, os instintos animais e o da monogamia non o imos tomar en serio porque, bueno, eran outros tempos, Crepúsculo fixo moito mal e, en fin, o libro é o que é, unha novela xuvenil. Hai certas cousas do narrador que me molestaron e certas escenas, que non capítulos, que se me fixeron demasiado cinematográficas, que sacrificaban a claridade do que estaba acontecendo por darlle máis ritmo, máis acción... Se fose unha serie de animación entenderíase perfectamente, mais pareceume que en realidade estaba a ler un guión e non unha novela. Pero vaia, que os seguintes vounos meter polo cu 😂
Ah, e como di Katiana, Thorne o mellor, ninguén ao volante desa cabeciña.
